EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Lugo

  • En liña ou presencial

  • Cursos de centros

  • 19 de mayo do 2026

En liña ou presencial
19 de mayo do 2026

Letras Galegas. A instrumentación que acompaña aos cantares da música tradicional galega

LetrasGalegas
Imprimir PDF

17M - Día das Letras Galegas.

A Real Academia Galega (RAG) dedicaralle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño.  A RAG celebrará a narradora, autora e xornalista, nun momento en que urxe reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego.  Coa lembranza de Begoña Caamaño, as Letras 2026 serán unha festa asomada á contemporaneidade, á pulsión do presente e á ollada feminista que vertebrou o seu pensamento, o seu traballo intelectual e a súa biografía.

Dende a UNED de Lugo unímonos á celebración desta data introducindo a tradición oral no eido das reunións veciñais de traballo e divertimento. De igual xeito, profundizaremos nos protocolos de actuación e as actividades artísticas e musicais que provían e fornecían a interrelación social entre as veciñas dun lugar e os veciños doutros lugares cercanos. Para esta misión, contamos con Xisco Feijóo, coreógrafo, cantador e bailador galego, quen ten feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de 30 anos e ten colaborado en máis de 20 discos e espectáculos de proxección internacional.

Actividade impartida en galego // Actividad impartida en gallego

Lugar e datas
19 de mayo do 2026
De 18:00 a 19:30 h. (ó ás xxxh)
Espazos nos que se desenvolve. SALON DE ACTOS LUGO
Lugar:

Salón de Actos José Luis Prieto Arroyo en la UNED de Lugo


Horas
Horas lectivas: 1.5
En liña ou presencial
Puedes elegir la asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou diferida.
Programa
  • martes, 19 de mayo
    • 18:00-19:30 h. Tradición oral galega
      A instrumentación que acompaña aos cantares da música tradicional galega
      • Francisco Javier Feijoó Álvarez 
Asistencia
Esta actividad permite participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou diferida, sen necesidade de acudir ao centro.
Inscrición

Actividad sin certificado

  Ordinaria
PrezoGratuíta
Outras actividades do ciclo
Esta actividade pertence ao ciclo ODS en Acción curso 25-26, formado polas seguintes actividades:

Relator
Francisco Javier Feijoó Álvarez
Coreógrafo, cantador e bailador.
Dirixido a
Persoas interesadas na temática:
Alumnado
Alumnado universitario 
Estudantes non universitarios
Profesorado
Público en xeral
Obxectivos
1. A voz como medio artístico, de comunicación e de socializacion.
2. As cantigas da tradición oral galego-portuguesa e de orixe medieval e a súa continua evolución e creación dende aquela ata os nosos días.
3. A importancia e profundidade da lírica e a súa mensaxe.
4. A estrutura das cantigas dentro dun ton ao marxe do ritmo bailable a interpretar.
5. Os instrumentos de percusión como apoio á voz e responsables dos ritmos bailables.
6. As relacións dun lugar cos outros dunha parroquia, desta última, con outras aledañas e pertencentes a unha mesma área xeográfica de interrelación.
7. A orde e os protocolos na realización das foliadas como colofón das reunións locais para executar traballos comunais (fiadeiros, fías e fiadas, espadeladas e tascas, esfolladas, escasuladas e bulladas, seráns, triscas e polavilas).
Colaboradores

Organiza

UNED LUGO
UNED LUGO NaturalMente

Colabora

Deputación de Lugo
Concello de Lugo
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Esta actividade incide nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible:

Máis información
UNED Lugo
Tolda de Castela 4B
27169 Lugo Lugo
982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
Imaxes da actividade
Saltar al contenido
  • Facebook

  • Twitter

  • UNED