EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Lugo

  • Presencial

  • Cursos de centros

  • 9 de junio de 2025

Presencial
9 de junio de 2025

Roteiro Ambiental. Como iniciarse na natureza

Imprimir PDF

Cada 5 de xuño, no calendario ambiental, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas hai xa 53 anos, co obxectivo de promover a conciencia e a acción global na defensa do medio natural.

 

Dende o Proxecto #LugoNaturalMente, queremos sumarnos a esta conmemoración cunha actividade pensada para espertar o interese pola natureza entre todas aquelas persoas que teñan curiosidade por coñecer o entorno natural que nos rodea.

 

Este ano 2025, propoñemos unha saída de iniciación á natureza da man de Antón Prego Areal, biólogo e divulgador ambiental. A actividade consistirá nun roteiro guiado pola contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño, no que aprenderemos a relacionarnos coa natureza dun xeito respectuoso e a identificar a diversidade de especies de flora e fauna que habitan este espazo privilexiado.

 

Punto de encontro: entrada principal do edificio da UNED de Lugo.

 

Recoméndase traer:

  • Roupa axeitada
  • Calzado cómodo
  • Prismáticos (se se teñen)
  • Protección solar
  • Auga 

Lembramos que NON está permitido acudir con animais de compañía, xa que a súa presenza pode alterar o comportamento da fauna da reserva.

Lugar y fechas
9 de junio de 2025
De 17:00 a 19:00 h.

Lugar:

UNED Lugo

Parque de A Tolda


Presencial
Esta actividad se desarrolla presencialmente.
Programa
  • lunes, 9 de junio
    • 17:00-19:00 h. Roteiro Ambiental. Como iniciarse á natureza
      • Antón Prego Areal Biólogo especializado en diversidad y divulgación ambiental
Inscripción
  Matrícula Ordinaria
PrecioGratuita
Ponente
Antón Prego Areal
Biólogo especializado en diversidad y divulgación ambiental
Dirigido a
Público general interesado
Alumnado universitario
Estudiantes no universitario
Profesorado
Profesionales
Objetivos
Iniciarse no mundo da natureza en pro da conservación ambiental.
Colaboradores

Organiza

UNED Lugo NaturalMente

Colabora

Diputación Lugo
Concello de Lugo
Más información
UNED Lugo
Tolda de Castela Nº4B
27169 Lugo Lugo
982.28.02.02 / info@lugo.uned.es